ARTISTAS CONVIDAD@S

SEBAS ANXO

(Cambados, 1971). Sebastián Anxo Rozas Álvarez, Sebas Anxo, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo é un dos creadores máis destacados dunha interesante xeración de artistas que comenzaron as súas carreiras a mediados da década dos noventa do século pasado. A pintura, o deseño e a fotografía camiñan da mán na carreira desde artista multidisciplinar que adica unha especial atención aos procesos compositivos. Celebrou numerosas exposicións individuais e colectivas, foi seleccionado e premiado en importantes certames e a súa obra forma parte de destacadas coleccións de arte públicas e privadas.

XULIO VILLARINO

(Foz-Lugo, 1969). A súa formación fotográfica é autodidacta. En 1993 comezou a súa carreira como fotoxornalista en La Voz de Galicia, xornal no que traballaba, nas edicións da Mariña (Lugo) e Vigo, ata que en 2001 decide deixar o xornalismo diario para dedicarse ao fotoperiodismo de forma independente. Actualmente as súas propias reportaxes están distribuídas pola Axencia de Contacto de Madrid mentres é colaborador de medios como El País Semanal, Geo ou El Semanal Entre os premios que recibiu destacan o Luis Ksado de Creación Fotográfica,1998, o Fuji Europress Photo Awards ao mellor fotoxornalista español e mención de honra na fase europea en Grecia, 1999 polo éxodo a Kosovo, o Premio Internacional Luis Valtueña de Fotografía Humanitaria, Madrid, por O Éxodo a Kosovo e por Terremotos en Turquía, o Premio Fuji Europress na categoría Viaxes 2002 pola súa obra Fame in Guatemala ou o Premio Fuji Europress na categoría Noticias 2003 pola súa serie The Black Tide of the Prestige.

MARÍA MOLDES

(Pontevedra, 1974). As fotografías de María Moldes tiveron unha ampla difusión no circuíto artístico europeo e norteamericano a través das principais redes sociais e a súa repercusión en medios como The Guardian, El País, Le Monde, Der Spiegel, Daily Mail, El Mundo, Photos, Courrier International, ABC… O público e a crítica de arte enxalzaron a súa orixinalidade e calidade. Este impulso incrementouse con premios como o Festival Europeo de Fotografía Moza (París, 2018) e coa exposición do seu último proxecto no Museo Barjola grazas á Bolsa AlNorte 2018. Este proxecto expositivo levouse a cabo na área de o Mar Menor e mostra o impacto do ser humano no noso medio a través de fotografías e vídeos onde a traxedia e as referencias ás películas de ciencia ficción estadounidenses dos anos 50 convértense na inspiración para que esta interesante artista destaque o poder absurdo e devastador da nosa civilización actual.!

ANTÓN RODICIO

(Cerreda, Ribeira Sacra, 1960). Matemático, escritor e fotógrafo de vocación tardía. Chegou á fotografía dende a filosofía de Krishnamurti, a mística da natureza e a historia da pintura. Nas súas imaxes hai, a partes iguais, imaxinación e rigor. Aínda que as veces son a captura dun instante que chegou de forma inesperada, na maioría das ocasións supoñen un gran esforzo na selección dos emprazamentos e na planificación previa, unha gran atención ao detalle e, con frecuencia, non poucas visitas ao escenario elixido na procura da atmosfera e luz óptima. Un dos seus principios reitores é o equilibrio entre o aspecto creativo e o técnico, “aínda que a técnica non debe ser un obstáculo para a creatividade, non pode haber boa fotografía sen boa técnica”.!

ARIADNA SILVA

(A Estrada, Pontevedra, 1996). O seu traballo persoal vai derivando entre a fotografía e o documental. Actualmente está a desenvolver proxectos persoais a longo prazo dentro do documental de autor e contemporáneo, centrándose na paisaxe galega e na autobiografía como eixo central da súa narrativa fotográfica e audiovisual. A súa intención é construír unha mirada sobre a paisaxe natural baixo a premisa do tránsito, o cambio e a dúbida, coa intención de xerar discursos críticos e reflexivos. Máster en Fotografía Artística e Narrativas Fotográficas Documentais. Escola TAI, Grao en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago e a Universitat Oberta de Catalunya, recibíu o Primeiro Premio Xuventude Crea, especialidade de fotografía e foi seleccionada en numerosos certames especializados. Na actualidade é unha das artistas xóvenes máis destacadas do panorama artístico.!

JESÚS CHACÓN

(Marbella, Málaga, 1975). Fotógrafo autodidacta, comezou a súa carreira profesional a finais dos noventa. Antes de centrar o seu traballo na fotografía artística, percorreu case todos os ámbitos do mundo fotográfico (retratos, moda, publicidade, arquitectura, interiorismo,…). Traballou para firmas internacionais como Red Bull, Dior ou Hermès. As súas fotografías foron publicadas en diferentes medios e revistas como El Mundo, El País, Absolute ou Mondo Sonoro. Expuxo en numerosas galerías e a súa obra recibiu diversos premios, entre outros, o 1o Premio do V Premio Internacional de Fotografía Jalón Ángel e o Primeiro Premio do Festival Internacional de Cine de Xira de Roma 2015. Jesús Chacón confírmase como un referente no seu ámbito polos seus proxectos artísticos, polo tratamento da luz nas súas imaxes e pola posta en escena que organiza para facer realidade a súa peculiar forma de contar historias. A súa obra busca voltar a esa mirada inocente onde a imaxe se converte no lugar da luz e do momento.!

LLUM A. GONZÁLEZ

(Sarria, 1986). Graduada en Deseño Gráfico na Escola Superior de Artes e Deseño Ramón Falcón de Lugo e especializada en fotografía. 
O seu traballo é unha mestura entre o natural e o onírico, facer presente o etéreo de forma sutil mediante unha fotografía fundamentada nunha combinación de cores moi persoal e mergullándose na natureza como escenario de moitas das suas obras. Este estilo levouna a conseguir diferentes recoñecementos e a expor o seu traballo en diversas galerías a nivel nacional.

EDU VALIÑA

(O Páramo, Lugo, 1972). Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, paralelamente ao seu labor como comisario e a súa responsabilidade na Fundación Eugenio Granell, tamén exerce como artista multidisciplinar. A súa obra explora a memoria e destaca as emocións íntimas en relación coa familia e o entorno. A súa ampla formación cultural engade lecturas a unha obra que se desenvolve organicamente coma se toda a súa obra fose unha paisaxe paralela á que recrea. Valiña é o artista romántico que sublima a natureza a través do seu rostro máis violento e pon no mapa o lugar que conformou o seu carácter e, polo tanto, a súa obra. Comezou a expoñer a finais da década dos 90 e dende entón participou en numerosas mostras individuais e colectivas en España, Romanía, Bruxelas, Cuba e Portugal.!