foto. camiño. cidade.

intervencións

O ENSANCHE RETRATADO

FOTOGRAFÍA E VECIÑANZA
Enmarcada no contexto do Festval COMPOSTELA PHOTO, levarase a cabo unha acción fotográfica participativa, realizada en colaboración coa asociación Fotoforum Compostela, que persegue reforzar os lazos entre a comunidade e o sentido de pertenza da veciñanza ao seu barrio, o Ensanche, que se verá reflectida nunha exposición urbana de RETRATOS dos seus veciños.

A ACCIÓN FOTOGRÁFICA
Esta acción levarase a cabo a pé de rúa ao longo de varias xornadas. Unha selección de fotografos vinculados a FotoforuM Compostela sairá ás rúas do Ensanche e interactuará con veciños anónimos, comerciantes e profesionais da contorna, retrantandoos desde unha óptica humana.

O FORMATO EXPOSITIVO
Elementos de mobiliario urbanos, como caixas de transformadores ou respiradeiros de aparcamentos, servirán de soporte expositivo urbano.
Con esta orixinal iniciativa, que permanecerá ao longo dun ano, ademais de levar a arte fotográfica ao alcance dun público masivo, eliminando barreiras para o seu goce e dinamizando culturalmente o espazo urbano, este formato persegue tamén
cambiar a estética degradada dos devandito elementos que afean a contorna e contribuír a crear un espazo máis humanizado, atractivo e agradable para o paseo.