calendario 2022

actividades 

VISITAS GUIADAS

Organizaranse visitas concertadas para grupos con inscrición previa no correo compostelaphoto@santiagocentro.gal

Proximamente, máis información.

PERCORRIDOS FOTOGRÁFICOS

Os percorridos fotográficos perseguen a participación activa en torno á fotografía no contexto do feito Xacobeo. Representan un espazo de convivencia e de intercambio de experiencias entre profesionais e afeccionados que se queiran iniciar na fotografía como arte.

Percorrido 1. O Camiño

Unha xornada fotográfica ao longo dunha etapa do Camiño de Santiago.

Sábado 24 de setembro de 2022.

Percorrido 2. A cidade

Unha exploración dos espazos e recunchos da cidade xacobea desde a mirada fotográfica.

Sábado 22 de outubro de 2022.

Prazas limitadas. Información e inscricións en:
compostelaphoto@santiagocentro.gal

o ensanche retratado

Acción fotográfica participativa que persegue reforzar lazos entre a comunidade e o sentido de pertenza da veciñanza ao seu barrio.

Durante unha xornada do mes de setembro, unha selección de fotógrafos sairá ás rúas do Ensanche compostelán e interactuará con veciños, comerciantes e profesionais da contorna, retratándoos desde unha óptica humana.

Esta acción verase reflectida nunha exposición no Centro Sociocultural do Ensanche.

En colaboración con FOTOFORUM COMPOSTELA