calendario 2022

actividades 

VISITAS GUIADAS

Organizaranse visitas concertadas para grupos con inscrición previa no correo compostelaphoto@santiagocentro.gal

Proximamente, máis información.

PERCORRIDOS FOTOGRÁFICOS

 

Os percorridos fotográficos perseguen a participación activa en torno á fotografía no contexto do feito Xacobeo. Representan un espazo de convivencia e de intercambio de experiencias entre profesionais e afeccionados que se queiran iniciar na fotografía como arte.

 

Percorrido 1. O Camiño

Sábado 24 de setembro de 2022

Duración: de 10.00H a 13.00H

Etapa: Camiño Inglés – Sionlla (zona coñecida como Bosque Encantado)

Guiada polo fotógrafo Sebas Anxo (IG: @sebasanxo_foto)

Desprazamento en autobús dende Santiago ata o Hotel Castro (recollida na parada da Rúa da Rosa ás 9.30H e regreso con chegada ao mesmo punto sobre as 13.30H)

RESERVA ENVIANDO UN EMAIL A compostelaphoto@santiagocentro.gal

  

Percorrido 2. A cidade

Sábado 22 de outubro de 2022

Duración: de 10.00H a 13.00H

Unha exploración dos espazos e recunchos da cidade xacobea desde a mirada fotográfica dun profesional como é Antón Rodicio.

Punto de encontro: Galería Metro, Rúa Xeneral Pardiñas (12-16)

RESERVA ENVIANDO UN EMAIL A
compostelaphoto@santiagocentro.gal

o ensanche retratado

Acción fotográfica participativa que persegue reforzar lazos entre a comunidade e o sentido de pertenza da veciñanza ao seu barrio.

Durante unha xornada do mes de novembro, unha selección de fotógrafos sairá ás rúas do Ensanche compostelán e interactuará con veciños, comerciantes e profesionais da contorna, retratándoos desde unha óptica humana. 

En colaboración con FOTOFORUM COMPOSTELA