A obra de David Catá (Viveiro, 1988) xoga coa memoria persoal e o acto creativo a través de diferentes formas artísticas como pintura, fotografía, vídeo-arte e performance, creando obras líricas e sensuais. Mesmo a música, unha das súas grandes paixóns, forma parte de todo este proceso creativo e está incluída nalgúns dos traballos finais. Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, realizou varias exposicións en institucións públicas e privadas. No portón do garaxe do 18 da rúa Xeneral Pardiñas propón reflexionar sobre “os soños que se atopan ao final do horizonte e que forman parte do noso camiño na vida, horizontes convertidos en abismos de soños”.
Para Catá o Camiño de Santiago “é un camiño para reflexionar, coñecerse a un mesmo, aprender, soñar e purificarse”. Iniciativas como Compostela Photo parécenlle “moi importantes para achegar a arte ao cidadán dende a rúa e dinamizar a cidade e a cultura”.
Comentarios recientes