foto. camiño. cidade.

intervencións

O ENSANCHE RETRATADO

Acción fotográfica participativa que persegue reforzar lazos entre a comunidade e o sentido de pertenza da veciñanza ao seu barrio.

Durante unha xornada do mes de setembro, unha selección de fotógrafos sairá ás rúas do Ensanche compostelán e interactuará con veciños, comerciantes e profesionais da contorna, retratándoos desde unha óptica humana.

Esta acción verase reflectida nunha exposición no Centro Sociocultural do Ensanche.

En colaboración con FOTOFORUM COMPOSTELA

Máis información en:
compostelaphoto@santiagocentro.gal