Compostela Photo renóvase neste 2024. A mostra chega á súa terceira edición cubrindo con os portóns de garaxes do Ensanche compostelán con imaxes realizadas por fotógrafos profesionais e afeccionados, nunha iniciativa promovida polo Xacobeo e o Concello de Santiago, a través da concellería de Cultura. Colaboran na súa organización e promoción a galería de arte Metro, a Asociación Cultural Fotoforum Compostela, e máis a empresa compostelá Limpezas Salgado.

A exposición busca dinamizar as rúas do Ensanche como área comercial e de lecer, converténdoas nun espazo expositivo singular, con capacidade de ofrecer un activo cultural e participativo a veciños e visitantes ao longo de todo o ano. Trátase dunha mostra de fotografías en gran formato que, nesta edición, volve relacionarse co feito xacobeo a través da visión dun grupo seleccionado de artistas visuais e fotógrafos afeccionados.

O presidente de Santiago Centro, Chema Fernández, destacou que esta «é unha forma de embelecer a cidade. Grazas ao Concello e ao Xacobeo podemos vender Santiago dunha maneira atractiva.

Compostela Photo forma parte da liña de actuación aberta por Santiago Centro de dinamizar o comercio e a actividade empresarial do Ensanche ligando a zona coa arte de vangarda e a innovación.