Vinte imaxes foron seleccionadas para seren expostas nas pantallas da praza Roxa como vencedoras do certame de fotografía xacobea que complementa a programación de Compostela Photo, o festival artístico que cobre 15 portóns de garaxes do Ensanche compostelán con imaxes relacionadas co Camiño. A fotografía que máis votos recibiu por parte do xurado, Chegada ao Obradoiro, de Marcos Boedo, será reproducida en gran formato nun garaxe, do mesmo xeito que as obras da exposición principal. A Xunta de Galicia colabora con Compostela Photo a través do programa O Teu Xacobeo.
O xurado compuxérono o José María Fernández, presidente de Fundación Santiago Centro; Ana Gil Rodríguez, artista e fotógrafa; Juan Adrio Fondevila, artista e fotógrafo; e Javier Blanco, comisario de Compostela Photo e director da Galería Metro. Para elixir entre o medio cento imaxes presentadas, rexéronse por criterios de calidade e de adaptación á temática xacobea, indicada nas bases.
A imaxe que recibiu máis votos, Chegada ao obradoiro, de Marcos Boedo, será reproducida nun portón de garaxe no Ensanche compostelán, do mesmo xeito que as 15 obras que desde a primavera conforman a exposición de Compostela Photo. As demais integraranse nesta mostra urbana emitíndose nas pantallas led da Praza Roxa, ademais de seren expostas na web do festival, www.compostelaphoto.com.
Comentarios recientes