exposición

un festival, dúas mostras

COMPOSTELA PHOTO FESTIVAL é un festival urbano de fotografía promovido pola Fundación Santiago Centro, que nace co obxectivo de poñer en valor o patrimonio natural, cultural e humano do Camiño de Santiago como primeiro itinerario cultural europeo. Trátase dun evento que procura xerar novas miradas sobre os valores históricos e universais da Ruta Xacobea a través da produción fotográfica contemporánea, dotando ao espazo público dun concepto expositivo singular, con capacidade de ofrecer un activo cultural e participativo a veciños e visitantes ao longo
de todo o ano.

Recoñecidos artistas daranse cita con novos creadores e afeccionados á arte fotográfica nunha orixinal mostra de fotografías de gran formato que se exhibirá durante 12 meses nos portóns dunha selección de garaxes das rúas do Ensanche de Compostela. Ademais, as pantallas da Praza Roxa e esta mesma web servirán para dar a coñecer os traballos seleccionados no certame aberto no que participaron artistas profesionais ou afeccionados.

Nos garaxes

Artistas consagrados e emerxentes mostran a súa visión do Camiño no Ensanche compostelán.

Mostra online

Unha selección das obras participantes no certame aberto convocado por Compostela Photo.