exposición

un festival para tod@s

Nesta terceira edición de Compostela Photo artistas visuais profesionais, convidados pola organización, están acompañados por fotógrafos afeccionados. Con este formato queremos converter este festival nun evento participativo e aberto, que aporte diferentes miradas e que contribúa a enriquecer o feito artístico e cultural.

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA NOS PORTÓNS DE GARAXES

Trátase dun formato expositivo moi singular que invita a pasear e a descubrir as obras de fotógrafos nos portóns de garaxes. Unha mostra de fotografía en gran formato que xira ao redor de diferentes valores simbólicos que envolven ao Camiño de Santiago.

ANÍMATE! Consulta o plano e pasea polo Ensanche de Compostela na procura das fotografías expostas a pé de rúa. Velaquí tes un avance, pero por que non observar as obras en persoa?

Obras

Artistas consagrados e emerxentes mostran a súa visión do Camiño no Ensanche compostelán.