FESTIVAL URBANO DE FOTOGRAFÍA
Compostela
photo
Santiago de Compostela, 2022
FOTO. CAMIÑO. CIDADE.
Compostela Photo é un Festival Urbano de Fotografía que se desenvolve na cortorna urbana do Ensanche compostelán dentro da programación Xacobeo 21-22 da Xunta de Galicia, cun formato expositivo moi singular que invita ao paseante a descubrir as obras de 15 creadores nos portóns doutros tantos garaxes. Esta mostra de fotografía en gran formato cuxa temática xira en torno aos diferentes valores simbólicos que envolven ao Camiño de Santiago, interpretados a través da mirada dos seus autores, compleméntase cunha programación que
inclúe visitas guiadas, percorridos fotográficos pola cidade e polo Camiño, un certame de fotografía aberto á participación de profesionais e afeccionados, una exposición on line, intervencións en diferente mobiliario urbano e moito máis para que tanto os veciños de Compostela como os visitantes e peregrinos poidan gozar da cidade a través da fotografía contemporánea.
Novas
Coñece as últimas novidades do festival de fotografía urbana que enche de imaxes de gran formato o Ensanche de Compostela
Actividades
Calendario completo de visitas, intervencións e iniciativas paralelas á exposición principal nos portalóns de garaxes e en Internet
Plano
A mellor maneira de saber que obras ver e en que rúas: un percorrido comprensivo para aproveitar o tempo e gozar da arte urbana