exposición

un festival para tod@s

Nesta segunda edición de Compostela Photo artistas visuais profesionais, convidados pola organización, están acompañados por fotógrafos afeccionados, seleccionados no I Certame Compostela Photo, aberto a todos aqueles que quixeran enviar a súa imaxe. Con este formato queremos converter este festival nun evento participativo e aberto, que aporte diferentes miradas e que contribúa a enriquecer o feito artístico e cultural.

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA NOS PORTÓNS DE GARAXES

Trátase dun formato expositivo moi singular que invita a pasear e a descubrir as obras de 15 fotógrafos nos portóns doutros tantos garaxes. Unha mostra de fotografía en gran formato que xira ao redor de diferentes valores simbólicos que envolven ao Camiño de Santiago. Nesta segunda edición imos ver fotografías seleccionadas na primeira edición dese Certame , así como as obras de recoñecidos creadores contemporáneos. 

ANÍMATE! Consulta o plano e pasea polo Ensanche de Compostela na procura das fotografías expostas a pé de rúa. Velaquí tes un avance, pero por que non observar as obras en persoa?

Obras invitadas

Artistas consagrados e emerxentes mostran a súa visión do Camiño no Ensanche compostelán.

Fotografías seleccionadas no certame 2020

Unha selección das obras participantes no certame aberto convocado por Compostela Photo.